CURSO: DOBRE CURSO: FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN QUIRÓFANO E EN PLANTA. MOVILIZACIÓN E TRASLADO DE PACIENTES
CELADORES/AS
BAREMABLE PARA OPOSICIÓNS, LISTAS DE CONTRATACIÓN, CONCURSO DE TRASLADOS E CARREIRA PROFESIONAL. Certificado baremable inmediato: o día indicado de finalización do curso xa poderás imprimilo.

O dobre curso de FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN QUIRÓFANO + FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN PLANTA: MOVILIZACIÓN E TRASLADO DE PACIENTES, permite a realización, simultánea ou seguida,de dous cursos específicos para CELADORES/AS
O/a alumno/a pode alternar ou simultanear a realización de ambos cursos, xestionando o seu tempo e, tendo en conta o que máis lle apetece en cada intre.
Ao rematar, recibirá os dous certificados que acreditan a formación recibida.
75 horas de formación BAREMABLE para Oposicións, Listas de contratación, Concurso de traslados e/ou Carreira Profesional para A CATEGORÍA DE CELADOR/A cun 20% de desconto sobre o prezo que tería cada un deles por separado
OBXECTIVO XERAL
Ofrecer a visión máis detallada posible dos labores que un/unha celador/a ten no seu día a día nos quirófanos, establecendo as pautas xerais de actuación en calquera dos casos cos que se pode atopar.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-
Coñecer a figura do/a celador/a, así como as funcións de ámbito xeral que ten asignadas.
-
Indicar unhas pautas xerais de comunicación e trato co/a paciente e coa súa familia
-
Realizar un breve estudo da cirurxía: definición, tipos, riscos,…
-
Coñecer o lugar onde o/a celador/a vai realizar o seu traballo (quirófano, antequirófano,…) e as condicións de uso, vestimenta e hixiene que hai que ter neles.
-
Estudar as funcións propias do/a celador/a de quirófano: traslado do/a paciente ata o bloque cirúrxico, técnicas de traslado do paciente dende a padiola á mesa cirúrxica, posicionamento nesta, saída do paciente do quirófano….
CONTIDOS
U.D 1. A figura do/a celador/a
1.1 Funcións xerais
1.2 Relación do/a celador/a coa familia do/a paciente
1.3 Técnicas de comunicación
U.D 2. A cirurxía
2.1 Categorías da cirurxía
2.2 Anestesia en cirurxía
2.2.1 Anestesia local e rexional
2.2.2 Anestesia
2.3 Cirurxía maior e cirurxía menor
2.3.1 Cirurxía maior
2.3.2 Cirurxía menor
U.D 3. O bloque cirúrxico
3.1 Quirófano
3.1.1 Características xerais do quirófano
3.1.1.1 Situación
3.1.1.2 Superficies
3.1.1.3 Climatización
3.1.1.4 Presión positiva
3.1.1.5 Instalación de gases medicinais
3.1.1.6 Iluminación
3.1.2 Equipo cirúrxico
3.1.2.1 Mesa cirúrxica
3.1.2.2 Bisturí eléctrico
3.1.2.3 Mesa de instrumental
3.1.2.4 Monitor
3.1.2.5 Respirador
3.1.2.6 Lámpada cirúrxica
3.1.2.7 Negatoscopio
3.1.2.8 Outros
3.2 Antequirofano
3.3 Vestiarios e zonas de lavado de mans
3.3.1 Hixiene na área cirúrxica
3.3.1.1 Medidas referentes ao espazo físico
3.3.1.2 Medidas referentes ao persoal
3.3.2 Lavado de mans
3.4 Almacén de zona
3.5 Sala de recuperacións
3.5.1 Localización
3.5.2 Dimensións
3.5.3 Iluminación
3.5.4 Climatización
U.D 4. Funcións do celador na área cirúrxica
4.1Traslado do/a paciente á unidade cirúrxica
4.2 Mobilización do/a paciente da cama ou padiola á mesa cirúrxica
4.3 Colocación do/a paciente na mesa cirúrxica
4.3.1 Decúbito supino
4.3.2 Decúbito prono
4.3.3 Decúbito lateral ou en posición de sims
4.3.4 Posición de Fowler
4.4 Exemplos de protocolos a seguir
4.4.1 Protocolo en traumatoloxía
4.4.2 Protocolo en cirurxía
4.4.3 Protocolo en oftalmoloxía
4.4.4 Protocolos en otorrinolaringoloxía
4.4.5 Protocolo en uroloxía
4.5 Mobilización do/a paciente da mesa cirúrxica á cama ou padiola
U.D 5. Saúde laboral do celador na área cirúrxica
AVALIACIÓN
Ao rematar o curso, o alumno terá que realizar unha proba de avaliación.
Esta proba consta de 25 preguntas tipo test de resposta de opción múltiple, onde unha soa das respostas é válida.
A proba puntuarase sobre dez; as respostas erróneas restarán e as que se deixen en branco non puntuarán.
O alumno/a terá 50 minutos para realizar a proba.
OBXECTIVOS
-
Mellorar as competencias dos/as profesionais en materia de mobilización, inmobilización e traslado dos/as pacientes para proporcionarlles unha maior seguridade.
-
Actualizar os coñecementos sobre as principais características anatómicas e fisiolóxicas do aparato locomotor para aplicalos nas actividade de mobilización, inmobilización e traslado.
-
Coñecer as técnicas e procedementos necesarios na mobilización e traslado de pacientes.
-
Coñecer as axudas manuais e mecánicas utilizadas na mobilización e inmobilización de pacientes.
-
Identificar os riscos para o/a paciente nas mobilizacións/traslados dos/das pacientes hospitalizados/as e as medidas preventivas a seguir.
CONTIDOS
U.D 1. O aparato músculo-esquelético.
1.1 Introdución
1.2 Xeneralidades sobre o sistema músculo esquelético
U.D 2. Posicións anatómicas
2.1 Posicións anatómicas do corpo.
2.2 Nomenclatura de posicións e dirección.
2.3 Posicións básicas
2.3.1 Posicións non quirúrxicas
2.3.2 Posicións quirúrxicas
U.D 3. Mobilidade e inmobilidade
3.1 Causas da inmobilidade
3.2 Consecuencias da inmobilidade
3.3 Mobilización do/a paciente.
3.3.1 Cando o/a paciente colabora
3.3.2 Cando o/a paciente non colabora
3.4 Atención ao/a paciente encamado
3.5 Necesidade de mobilización, repouso e exercicio.
U.D 4. Técnicas de mobilización.
4.1 Colocación do/a enfermo/a en decúbito lateral
4.2 Movemento do/a enfermo/a hacia a parte superior da cama.
4.3 Axuda do/a paciente a poñerse en pé.
4.4 Pacientes con problemas de mobilidade
4.5 As voltas
4.6 Cambios posturais
4.7 Levantamentos
4.8 Baixadas
4.9 Xiros
4.10 Enderezamentos
U.D 5. Outras mobilizacións
5.1 Exercicios de rehabilitación
5.2 Deambulación
5.3 Mobilización pasiva
5.4 Exercicios isométricos
U.D 6. Técnicas de traslado
6.1 Traslado da cama á cadeira de rodas
6.2 Traslado da cadeira de rodas á cama
6.3 Traslado da padiola á cama.
6.4 Traslado do/a paciente en padiola
U.D 7. Precaucións durante o traslado
7.1 Conceptos xerais
7.2 Métodos de administración de osíxeno
7.3 Outros métodos para a administración de osíxeno.
7.4 Limpeza e hixiene do material.
7.5 Funcións do/a celador/a con pacientes sometidos a osixenoterapia.
U.D 8. Movilización e posicións dos/as pacientes ante distintas patoloxías
8.1 Disnea
8.2 Lesións torácicias
8.3 Edema pulmonar
8.4 Shock hipovolémico
8.5 Shock cardioxénico
8.6 Síndrome de compresión da vena cava
U.D 9. Posicións en lesións especiais
9.1 Traumatismos carioencefálicos.
9.2 Lesións da cara. Hemorraxia na boca e larinxe.
9.3 Trastornos vertebrais
9.4 Lesións abdominais
9.5 Movilización de pacientes politraumatizados.
U.D 10. Movilización e axuda do/a celador/a ante o/a paciente psiquiátrico/a.
10.1 Pasos previos.
10.2 Reducción do/a paciente psiquiátrico.
10.3 Traslado psiquiátrico.
10.4 O/a celador/a da unidade de psiquiatría
U.D 11. Movilización e manexo de pacientes quirúrxicos e postquirúrxicos
11.1 Traslado do/a paciente á unidade quirúrxica
11.2 Movilización da cama ou padiola á mesa cirúrxica
11.3 Colocación do/a paciente na mesa cirúrxica
11.4 Movilización da mesa cirúrxica á padiola
AVALIACIÓN
A proba final deste curso está formada por vinte preguntas tipo test.
O/a alumno/a terá que respostar o 70% ben para que a proba esté "Apta" e, polo tanto, teña o seu certificado.
Para isto contará cun tempo de 40 minutos e dúas oportunidades.
O/a alumno/a obterá o seu certificado o mesmo día de finalización oficial do curso. Este é o certificado que acredita a formación recibida e os puntos baremables, co que só terá que imprimilo e presentalo. Estará dispoñible o mesmo día da data oficial de finalización do curso, tan pronto se completen as leccións.
Inicio: 09-04-2025
Fin: 01-05-2025
Prezo: 84 €
Precio en oferta: 79,80 €
Afiliados CIG: 25,00 €
Alumnos NOS: 75,60 €