Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación.
Este CURSO DOBRE está formado polos cursos FUNCIÓNS ESPECÍFICAS DO/DA CELADOR/A + PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS CELADOR/A.
O curso de FUNCIÓNS ESPECÍFICAS DO/A CELADOR/A está formado por cinco cursos completamente independentes:
- FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN QUIRÓFANO.
- FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A NO SERVIZO DE URXENCIAS E EMERXENCIAS.
- FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS.
- FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN PLANTA. MOVILIZACIÓN E TRASLADO DE PACIENTES.
- FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A NA UNIDADE DE COIDADOS PALIATIVOS. COIDADOS PRE MORTEM E POST MORTEM.
A realización destos cinco cursos equivale a un total de 200 horas de formación baremable.
O/a alumno/a pode realizar os cursos de forma simultánea ou un, a continuación do outro, da forma que lle sexa máis cómoda e sinxela.
Este curso está dirixido tanto a aquelas persoas que se presentan por primeira vez á oposición de celador/a como ás que, téndose presentado antes, non acadaron a súa praza.
O seu diseño pedagóxico é adecuado tanto para "enfrontarse" por primeira vez ás posibles preguntas do exame, como para repasar o temario que xa foi estudado con anterioridade.
É un curso completamente práctico para a preparación on line das oposicións de celador/a do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Está composto de mais de 2000 preguntas con solucións, divididas en distintos tipos de test para realizar nunha plataforma accesible dende calquera dispositivo.
O/a alumno/a pode acceder aos test DURANTE TODO O ANO; ata o 31/12/2022 poderá realizar test, no momento no que o desexe, aínda tendo xa rematados os outros cursos.
O/a alumno/a obterá o seu certificado o mesmo día de finalización oficial do curso. Este é o certificado que acredita a formación recibida e os puntos baremables, co que só terá que imprimilo e presentalo. Estará dispoñible o mesmo día da data oficial de finalización do curso, tan pronto se completen as leccións.
Modal body text goes here.