Este curso está dirixido ás persoas que queren traballar no sector sanitario, exercendo as funcións de celador/a.
Tamén para todos aqueles/as que traballando, queren ampliar, actualizar ou perfeccionar os seus coñecementos nesta área.
A metodoloxía deste curso de formación baséase nun método de ensino completamente asincrónico.
Neste caso, a formación realizarase a través dunha plataforma en liña de formación.
Cando o/a alumno formalice a matrícula, proporcionaránselle as claves de acceso á plataforma formativa; a través delas, poderá acceder ao curso.
Este curso, en concreto, está formado por 2 módulos e, estes á súa vez, por varios temas.
Cada módulo, ten unha duración determinada, e o alumno poderá acceder a ela durante o tempo que figure no mesmo.
Ao rematar o curso, o alumno terá que realizar unha proba de avaliación.
Esta proba consta de 25 preguntas tipo test de resposta de opción múltiple, onde unha soa das respostas é válida.
A proba puntuarase sobre dez; as respostas erróneas restarán e as que se deixen en branco non puntuarán.
O alumno/a terá 50 minutos para realizar a proba.