Ao rematar cada módulo, o/a alumno/a terá que realizar unha proba de avaliación.
As probas de avaliación están formadas por unha serie de preguntas pechadas de opción única.
O número de preguntas é variable; neste caso o número de preguntas son:
- Módulo 1: 20 preguntas
- Módulo 2: 10 preguntas
- Módulo 3: 17 preguntas
Cada proba puntuarase sobre dez; as respostas erróneas restan 0.2 e as que se deixan sen contestar, non puntúan.. Para que a proba esté apta, terá que haber un mínimo do 60 % das cuestións feitas satisfactoriamente.
Para a realización destas probas, o/a alumno/a contará cun tempo pechado:
- 40 minutos no módulo 1
- 20 minutos no módulo 2
- 40 minutos no módulo 3
Unha vez rematado o curso, o/a alumno/a terá que realizar unha proba de avaliación final que abarcará todos os contidos do curso. Neste caso, a prueba consta de 32 cuestións e disporase de 60 minutos para a súa realización.
No caso de que non se acadase o mínimo exigido, o/a alumno/a terá unha segunda oportunidade para realizar cada proba.
Para a obtención do certificado, todas as probas deberán ser superadas correctamente.