A metodoloxía de este curso de formación básase nun método de ensinanza completamente asincrónico. Neste caso, a formación realizarase a través dunha plataforma on line de formación.
O curso está formado por sete módulos e, a súa vez, cada módulo está formado por un número variable de Unidades Didácticas.
Cada módulo ten unha duración determinada. A duración depende de diversos factores coma o número de temas que se desenvolven nas Unidades Didácticas, a extensión dos mesmos, etc.
Ao final de cada unha das Unidades Didácticas que forman parte de cada Módulo, aparece unha proba de autoavaliación. Estas probas están formadas por tres tipos de preguntas: relacionar términos mediante frechas, completar e V/F.
Cada unha destas avaliacións puntuaranse sobre diez e é imprescindible ter ao menos un 5 para que a proba poda considerarse aprobada; do mesmo xeito, todas as probas de autoavaliación terán que estar aprobadas para que o curso se considere Apto.
No suposto de que algunhas das probas non acadasen a puntuación necesaria, poderá repetirse unha segunda vez.
Dentro das ferramentas cas que o alumno conta na plataforma de formación, atópase un chat (onde pode deixar as súas preguntas, apreciacións, suxerencias…) que servirá de conexión entre el, o resto dos alumnos e o titor/a.
Ademáis, también dispón dun chat privado co/a titor/a así coma dunha dirección de correo electrónico, donde pode poñerse en contacto co/a titoru/ a en cualquera momento e será contestado nun plazo máximo de 24 horas.