CURSO: FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A EN QUIRÓFANO
CELADORES/AS
BAREMABLE PARA OPOSICIÓNS, LISTAS DE CONTRATACIÓN, CONCURSO DE TRASLADOS E CARREIRA PROFESIONAL. Certificado baremable inmediato: o día indicado de finalización do curso xa poderás imprimilo.

OBXECTIVO XERAL
Ofrecer a visión máis detallada posible dos labores que un/unha celador/a ten no seu día a día nos quirófanos, establecendo as pautas xerais de actuación en calquera dos casos cos que se pode atopar.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-
Coñecer a figura do/a celador/a, así como as funcións de ámbito xeral que ten asignadas.
-
Indicar unhas pautas xerais de comunicación e trato co/a paciente e coa súa familia
-
Realizar un breve estudo da cirurxía: definición, tipos, riscos,…
-
Coñecer o lugar onde o/a celador/a vai realizar o seu traballo (quirófano, antequirófano,…) e as condicións de uso, vestimenta e hixiene que hai que ter neles.
-
Estudar as funcións propias do/a celador/a de quirófano: traslado do/a paciente ata o bloque cirúrxico, técnicas de traslado do paciente dende a padiola á mesa cirúrxica, posicionamento nesta, saída do paciente do quirófano….
Este curso está dirixido ás persoas que queren traballar no sector sanitario, exercendo as funcións de celador/a.
Tamén para todos aqueles/as que traballando, queren ampliar, actualizar ou perfeccionar os seus coñecementos nesta área.
A metodoloxía deste curso de formación baséase nun método de ensino completamente asincrónico.
Neste caso, a formación realizarase a través dunha plataforma en liña de formación.
Cando o/a alumno formalice a matrícula, proporcionaránselle as claves de acceso á plataforma formativa; a través delas, poderá acceder ao curso.
Este curso, en concreto, está formado por 2 módulos e, estes á súa vez, por varios temas.
Cada módulo, ten unha duración determinada, e o alumno poderá acceder a ela durante o tempo que figure no mesmo.
Ao rematar o curso, o alumno terá que realizar unha proba de avaliación.
Esta proba consta de 25 preguntas tipo test de resposta de opción múltiple, onde unha soa das respostas é válida.
A proba puntuarase sobre dez; as respostas erróneas restarán e as que se deixen en branco non puntuarán.
O alumno/a terá 50 minutos para realizar a proba.
U.D 1. A figura do/a celador/a
1.1 Funcións xerais
1.2 Relación do/a celador/a coa familia do/a paciente
1.3 Técnicas de comunicación
U.D 2. A cirurxía
2.1 Categorías da cirurxía
2.2 Anestesia en cirurxía
2.2.1 Anestesia local e rexional
2.2.2 Anestesia
2.3 Cirurxía maior e cirurxía menor
2.3.1 Cirurxía maior
2.3.2 Cirurxía menor
U.D 3. O bloque cirúrxico
3.1 Quirófano
3.1.1 Características xerais do quirófano
3.1.1.1 Situación
3.1.1.2 Superficies
3.1.1.3 Climatización
3.1.1.4 Presión positiva
3.1.1.5 Instalación de gases medicinais
3.1.1.6 Iluminación
3.1.2 Equipo cirúrxico
3.1.2.1 Mesa cirúrxica
3.1.2.2 Bisturí eléctrico
3.1.2.3 Mesa de instrumental
3.1.2.4 Monitor
3.1.2.5 Respirador
3.1.2.6 Lámpada cirúrxica
3.1.2.7 Negatoscopio
3.1.2.8 Outros
3.2 Antequirofano
3.3 Vestiarios e zonas de lavado de mans
3.3.1 Hixiene na área cirúrxica
3.3.1.1 Medidas referentes ao espazo físico
3.3.1.2 Medidas referentes ao persoal
3.3.2 Lavado de mans
3.4 Almacén de zona
3.5 Sala de recuperacións
3.5.1 Localización
3.5.2 Dimensións
3.5.3 Iluminación
3.5.4 Climatización
U.D 4. Funcións do celador na área cirúrxica
4.1Traslado do/a paciente á unidade cirúrxica
4.2 Mobilización do/a paciente da cama ou padiola á mesa cirúrxica
4.3 Colocación do/a paciente na mesa cirúrxica
4.3.1 Decúbito supino
4.3.2 Decúbito prono
4.3.3 Decúbito lateral ou en posición de sims
4.3.4 Posición de Fowler
4.4 Exemplos de protocolos a seguir
4.4.1 Protocolo en traumatoloxía
4.4.2 Protocolo en cirurxía
4.4.3 Protocolo en oftalmoloxía
4.4.4 Protocolos en otorrinolaringoloxía
4.4.5 Protocolo en uroloxía
4.5 Mobilización do/a paciente da mesa cirúrxica á cama ou padiola
U.D 5. Saúde laboral do celador na área cirúrxica
O/a alumno/a obterá o seu certificado o mesmo día de finalización oficial do curso. Este é o certificado que acredita a formación recibida e os puntos baremables, co que só terá que imprimilo e presentalo. Estará dispoñible o mesmo día da data oficial de finalización do curso, tan pronto se completen as leccións.
Inicio: 20-05-2025
Fin: 03-06-2025
Prezo: 40 €
Precio en oferta: 38,00 €
Afiliados CIG: 25,00 €